![]() |
|||||||
| A
web do val do río Neira |
(Portada) |
||||||
|
O val do
Neira |
O
val do río Neira constitúe unha realidade xeográfica,
pois preside a orografía dos concellos de Baralla e Láncara
(Lugo), e tamén en certo sentido cultural: o eixo do río
é unha vía de comunicación e contacto entre as
aldeas que se aliñan a un e outro lado do seu curso, con agras
e prados que se comparten, con moitos cruces matrimoniais entre parroquias
contiguas, e aínda distantes, etc. Pero o "Val do Neira"
como tal é tamén unha invención, xa que nin ese
termo se usa na zona nin sequera se percibe como unidade, máis
ben ó contrario: hai contrastes e diferencias notables entre
o seu curso alto e o baixo, e ó longo do río aparecen
límites e fronteiras con riscos culturais diacríticos,
entre os que se poden citar as variedades dialectais do galego, con
varias isoglosas de fenómenos lingüísticos (ver Cultura:
"A lingua"), ou as variacións
gastronómicas como o tipo de queixo (do tipo hoxe chamado "cebreiro"
-amasado- en Baralla e do tipo "verza" -sen amasar- en Láncara),
o faceren butelo en Baralla e non en Láncara, (ver "Gastronomía"),
tamén as diferencias constructivas (os tipos de hórreo
por exemplo)
|
| |
|
|
|||
|
|
Valdoneira 2002-3 |