![]() |
|
||||||
A
web do val do río Neira
|
|
|
Casas e Pazos
|
Art. Populares
|
(Patrimonio
artístico)
|
||
![]() |
AS PONTES O curso do Neira está surcado de camiños de diversa importancia e orixe, e moitos deles contan ou contaron con pontes para atravesalo. Son importantes as pontes de Baralla, situada en Senra, da época de Carlos III, que o foi do antigo do camiño real de Madrid e agora o é da estrada Nacional VI, os viaductos da autovía A6, as pontes da estrada e o ferrocarril da Pobra de San Xulián... e no extremo oposto, son fermosas obras populares as modestas pontes e pontóns de madeira, moitos xa en ruína, por exemplo a de Riba de Neira (xunto á aceña), a de Valse (entre Covas e Láncara)... Hai que subliñar tamén que o Neira cruzábase non só por pontes, senón tamén por "pasos", unhas aliñacións de grandes pedras que permitían atravesar saltando de unha a outra, e polos "portos", zonas do río con pouca profundidade onde o leito deste se acondicionou para o paso dos carros, de xeito que pasaban as vacas andando e as persoas montadas no carro. A falta de mantemento e conservación fixo que xa case non quede ningún deles en uso (os "portos" tamén porque xa non hai carros e os tractores non cruzan pola auga), pero pódese ver algún e descubrir a existencia doutros pola microtoponimia. A continuación relaciónanse as pontes máis antigas, para localización ver "Plano de elementos de patrimonio".PONTE DOS MAZOS En San Martiño de Neira de Rei, salva o cauce do Neira con un só arco granítico. De construcción medieval, aínda que tamén se ten apuntado a posibilidade de que teña orixe romana, e formase parte da calzada de Braga a Astorga "Per Loca Marítima", ver sección "Historia/Prehistoria e Hª Antiga". X. Pardo de Neyra (1998, páx. 29; ver bibliografía.) cita incluso unha inscrición que a dataría no ano 22 a. d C. sen embargo no catálogo "Puentes Históricos de Galicia", páx. 389 (ver bibliografía.) dáse como construída no século XVIII.PONTE DE COVAS É unha ponte en sillería e mampostería de pedra, de factura románica, coa típica forma alombada do arco central. Ten tres arcos de medio punto con luces duns 15 metros o central e 6 os laterais. O piares teñen "tallamares". Posiblemente formase parte dun ramal do Camiño Santiago. Tense apuntado unha posible orixe romana (Arias Vilas, 1992, páx. 54; ver Bibliografía), ver sección "Historia/Prehistoria e Hª Antiga".
Ponte de catro vans, (só dous deles situados no cauce do río, o resto para previsión de "cheas") de sillería e mampostería, con tallamar e espolón no piar central. Ten a particularidade de conservar unha pequena construcción no centro, unha especie de "templete" que albergou unha imaxe de San Miguel. Foi restaurada nos anos 90. De orixe medieval (aínda que tamén se teña apuntado unha posible orixe romana), reconstruída no século XVI, aparecendo por primeira vez nos mapas de Tomás López (de 1768) e Domingo Fontán (de 1845, ver fragmento). Formou parte dun antigo vial que unía Lugo coa rota do Camiño de Santiago, ramal que era na Idade Moderna o camiño habitual da Coruña a Madrid. Nesta ponte reuníanse os xoves os envíos de correspondencia que procedían de Ourense e Monforte cos que viñan da Coruña e Lugo para seguiren xuntos para Madrid, e os domingos os que en dirección contraria procedían da Corte e de Castela en xeral. No catálogo "Puentes Históricos de Galicia" (ver bibliografía.) hai un amplo estudio (páxinas 251-255) desta ponte de Carracedo, de onde se tomaron datos e o "Debuxo da planta e alzado". PONTE DE NEIRA Ponte medieval (do século XIII ou XIV), aparece xa representada en mapas antigos como o de Fernando de Ojea ou Oxea (do 1598, 1º ed. de 1603, ver zona Neira neste mapa). Construída en sillería de granito, e ensanchada modernamente. Sitúase no que era un dos camiños de Sarria e Portomarín a Lugo. |
|
|
![]() |
|||
![]() |
|||
![]() |
Arte e
patrimonio |
||
![]() |
|||
![]() |
|||
![]() |
|||
![]() |
|||
|
|||
![]() Valdoneira 2002-3 |