A web do val do río Neira
 
Personaxes
(Cultura)
 


Anxo Castro, pai de Fidel Alejandro Castro Ruz.
Presidente de Cuba

Fidel Castro é fillo dun emigrante de Láncara, da parroquia de San Pedro de Láncara, onde está hoxe baleira a súa casa natal, pero na veciña parroquia de Armera de Arriba viven aínda os familiares do líder cubano que quedaron na terra. Esta familia lancaresa mantivo sempre certo contacto cos seus parentes americanos, aínda cando as relacións políticas dos estados eran ben menos cordiais do que hoxe. O propio Fidel visitou Láncara e a casa do seu pai no 1992 (no que fora a primeira estancia oficial de Fidel nun país occidental, ata entón só fixera escalas técnicas en diferentes viaxes), rodeado das autoridades políticas galegas, e ante unha enorme expectación dos seus paisanos, entre os que gozou sempre dunha sona e recoñecemento que estivo por riba de cuestións políticas. Fidel foi tido aquí por un fillo da terra que chegou a triunfar coma ningún outro, en certo sentido encarnando o mito do emigrante de éxito.

Ángel Castro (1875-1956), pai de Fidel, chegara a Cuba como quinto na guerra do 98, de rematada esta volveu á Illa na procura de fortuna, e exerceu varios oficios ata que, xunto co canario Fidel Pino Santos, logra alugarlle parcelas á United Fruit. Despois vai adquirindo terras ata facerse propietario dunha plantación. O seu amigo Fidel Pino preséntalle a mestra María Luísa Argota, que se encarga aprenderlle a ler. O para entón xa terratenente, pero analfabeto, remata casando coa mestra, que o é tamén da escola americana á que asistían os fillos da alta sociedade de Banes, e teñen dous fillos. Pero "Don Ángel" comeza unha relación con Lina Ruz (1906-1963), de 14 años entón, filla dunha criada mulata. Cando nace a primeira filla de Lina, a mestra pecha os ollos, co segundo fillo, Ramón, María Argota abandona la casa e instálase en Santiago de Cuba cos seus dous fillos. Lina pasa a ser a ama da casa, e da a luz a un terceiro fillo, ó que poñen o nome do mellor amigo: Fidel. María esixe unha separación legal, Ángel, para non perder gran parte do patrimonio, simula a ruína. Pero a situación dos fillos ilexítimos segue en suspenso. O pequeno Fidel ten 4 anos, méteno interno no colexio La Salle, e soporta a humillación do mote de "judío", por no estar bautizado. Cando cumpre 8 años, Fidel Pino convence a un sacerdote que lle debe favores para que o bautice. Na acta do bautizo aparece co nome de Fidel Hipólito, fillo de Lina Ruz. Non será ata 1940 cando Ángel Castro e Lina Ruz regularicen a súa unión. O pai recoñéceo como fillo seu en 1943, Fidel ten 17 anos, sabía perfectamente quen era Alexandre Magno, e a decisión de descartar o Hipólito e tomar o nome do guerreiro macedonio seguramente foi súa. Agora xa pode acceder ó prestixioso colexio xesuíta da Habana, onde comeza la súa irresistible ascensión: ingreso na universidade, casamento coa filla dunha das máis ricas familias de Cuba (o que lle podería ter garantido unha vida sen problemas entre os poderosos da illa), e transformación nun líder político opositor ó dictador Batista. Despois dunha viaxe polos Estados Unidos recala en México, onde coñece ó revolucionario arxentino Ernesto "Che" Guevara, e xuntos argallan a revolución. Mentres tanto, no 1956, faleceu Angel Castro, o emigrante lancarao que non chegou a ver o 1 de xaneiro de 1959 en que logran derrubar a Batista e seu fillo toma o poder.

 


(Nalgunhas fotos hai enlaces a album con
imaxes de maior tamaño e resolución)

 

Casa natal de Ángel Castro
(pai de Fidel) en Láncara

 


 

A "politicamente correcta" placa colocada
na casa natal do pai de Fidel Castro

 

 

 

 

 

 





 

 

 

 

 

 

 

 



















 

 

 

 

 

 

 

Volver a páxina Inicio Valdoneira
Ir a seccións: "A Lingua", "Personaxes", segintes (en obras).


Valdoneira 2003-4