![]() |
||||||
|
A
web do val do río Neira
|
|
Etnografía etc.
|
(Cultura)
|
|||
|
Algúns personaxes destacados desta zona (faltan moitos,
claro, xa os iremos metendo):
- Ramón Piñeiro López (Carracedo, Láncara, 1915 - Santiago de Compostela 1990), galeguista, escritor, director da editorial Galaxia, entre outras moitas cousas, e artífice da corrente "culturalista" do "galeguismo interior" durante o franquismo... (+máis) - Alfonso Cela Vieito, "Celita" (Carracedo, Láncara, 1885 - Madrid 1932), o único toureiro galego que tomou a alternativa... (+máis) - "Os Correas", familia orixinaria de Neira de Rei (Neira de Xusá-Baralla) que deu varios personaxes destacados: Antonio Correa Fernández (1862-1907), médico e escritor; os seus fillos Isaac Correa Calderón (1893-1975), médico e escritor; Asunción Correa Calderón (1896-1951), escritora; Evaristo Correa Calderón (1899-1986), escritor, galeguista e hispanista; e Juan Antonio Correa Calderón (1907-1962), xornalista. Dunha pola asentada na Coruña desta familia son Antonio Bonet Correa (Historiador da Arte) e Asunción Bonet Correa (pintora)... (+máis) - Fidel Castro, o presidente de Cuba, que podemos dar por fillo desta terra pois de Láncara era seu pai, e coa súa familia lancaresa mantén aínda hoxe algunha relación... (+máis)
|
|
|||
|
Cultura
(Lingua,
personaxes, etnografía...) |
||||
|
|
|
Volver a páxina Inicio
Valdoneira |
Valdoneira 2003-4 |
|