![]() |
||||||
|
A
web do val do río Neira
|
(A
gastronomía)
|
|||||
|
"Cultura gastronómica"
Facémonos eco aquí do que poderiamos
denominar "gastronomía tradicional", é dicir
ás receitas e hábitos culinarios que representasen no
pasado ou aínda agora un elemento importante no "comer"
desta zona, ou que teñan algo de particular ou distintivo con
respecto a outros lugares, conscientes de que hoxe en día todo
isto está en franca recesión fronte á gastronomía
"estándar" actual, tanto porque van desaparecendo os
modos de obtención dos ingredientes (xa case non se sementa centeo,
xa non hai anguías nin a penas troitas, etc.), como porque non
hai relevo xeracional en xente experta na elaboración (a arte
e "cencia" dos exquisitos embutidos tradicionais é
xa só cousa de mulleres de idade avanzada), e sobre todo pola
diversificación da dieta, a comercialización de productos
foráneos (peixe de mar fresco, que comezou polos anos 70, primeiro
en furgonetas que percorrían as aldeas e agora xa nos supermercados,
por exemplo), o menor consumo de porco "por prescrición
facultativa" da maioritariamente avellentada poboación,
e en xeral pola común estandarización da dieta no mundo
occidental. Todo isto significa en realidade que hoxe se come moito
mellor que antes, e que é difícil ter apego ó caldo
e ó touciño cando (malia as exiguas pensións e
o baixo poder adquisitivo xeral), se pode ir ó supermercado e
comprar o mesmo que en calquera outro lado. Pero todo isto non quita
para que a xente sinta pena e añoranza por certas exquisiteces
hoxe difíciles de atopar, (o pan da casa, un inigualable butelo
caseiro, uns roxóns aprensados, unha empanada de anguías...),
ou para que haxa un patrimonio cultural nesa gastronomía digno
de conservación na medida do posible, e susceptible incluso dunha
proxección que o precario sector de transformación é
servicios (pequenas industrias artesanais, sector hostaleiro...) non
é quen de rendabilizar. Tristemente, non se está a producir
un aproveitamento deste patrimonio, que cunha adecuada modernización
podería ter excelentes expectativas comerciais, senón
que, salvo honrosas excepcións, desaparece ou esmorece entre
a oferta culinaria e alimentaria "moderna".
A continuación reséñanse algúns elementos desta cultura gastronómica, dos ingredientes e productos máis habituais, e algunhas receitas tradicionais ou frecuentes nas cociñas desta terra, estructurados nas seccións "O porco e as carnes", "Caldo, sopas e papas", "Peixes" e "Lácteos, sobremesas e bebidas".
|
|
||
|
Gastronomía |
|||
|
|
|||
|
|
|||
| Volver
a "Páxina inicio Valdoneira". Ir a seccións: "O porco e outras carnes", "Caldo, sopas e papas", "Peixes", "Lácteos, sobremesas e bebidas". |
Valdoneira 2002-3 |
||