Este é un caldo "branco" (sen verdura), que se fai
con ósos (sobre todo costelas, tamén outros restos ou
anaquiños de óso con carne pegada que quedan ó
"desapartir" o animal) e miolos (os "sesos")
do porco. Estes ingredientes fan que sexa un caldo propio da matanza
ou dos días inmediatamente posteriores.
Preparación:
Ponse a cocer unha cunca de fabas brancas (previamente tivéronse
a remollo, claro).
Escáldanse en auga fervendo as costelas e os miolos, estes
despois de lavalos e de quitarlles as veíñas de sangue.
Escórrese e pícanse un pouco os miolos, incorpóranse
xunto coas costelas á pota onde cocen as fabas. Bótase
a continuación media cebola picada gorda, unha folla loureiro
e perexil picado, hai quen engadetamén zenoria e allo porro.
E sálgase.
Cando leven unha hora ou algo máis cocendo, bótase
pataca picada pequena, e deixase seguir cocendo ata que estean as
fabas (outra media hora ou tres cuartos).
Finalmente engádeselle un rustrido de aceite, un dente de
allo picado, fariña, e pemento doce e picante, e deixase que
ferva outros cinco minutos.