A web do val do río Neira
RECEITAS: MAZÁS ASADAS
(A gastronomía: receitas)

Mazás asadas con viño tinto

Escóllense unhas mázas máis ben grandes e de boa calidade e lávanse.

Quítaselles o rabo, e cun coitelo ou ferramenta apropiada (pode valer moi ben unha culleriña que teña os bordes finos, que corten), practícase un burato de forma cilíndrica que desde arriba chegue ó medio da mazá, e quítase o carozo coas pebidas.

Énchese case ata ariba o burato de azúcar, e logo bótase viño tinto ata o borde.

Por último métense as mazás ó forno xa quente. O tempo de forno depende da temperatura que teña (de ser de butano ponse case no máximo, de ser eléctrico regúlase a media potencia), e tamén do tamaño e variedade das mazás, o mellor é miralas de vez en cando e retiralas cando se vexa que están (pódese comprobar se o interior está brando cun palillo por exemplo).

Cómense de quentes.

 

 

 
 

 

 


   

Valdoneira 2002-3