A preparación das "papas" é moi sinxela,
pero esixe moito tino no punto de cocción, que é o
que lle dá todo o mérito. Comézase por esluír
en auga fría unha pouca fariña, que pode ser de millo
ou de trigo (non se fan de centeo xeralmente), desfacéndoa
ben para que non teña "grumos". Engádeselle
leite e auga máis ou menos a partes iguais, unha pizca de
sal, (e opcionalmente uns grans de arroz), e ponse a cocer. Pode
botárselle tamén unha cullerada de manteiga de vaca
(ou incluso de graxa de porco).
Cócese por termo de unha media hora, ata que espese, (de facelo
antes deste tempo engadimos máis auga e leite). Hai que estar
remecendo constantemente para que non se apeguen, pero, e aquí
está o "misterio" de preparación, convén
que torre un pouquiño, sen que saiba a queimado, pero si
cun nada pegado.
Á hora de servilas pode engadírselles un pouco leite
cru, e hai incluso que lles botaba mel por riba, pero iso xa é
para gustos.