![]() |
|||
|
A
web do val do río Neira
|
RECEITAS:
SOPA DO COCIDO
|
(A
gastronomía: receitas)
|
|
|
Sopa de cocido É unha receita absolutamente sinxela, e sen nada de particular ou distintivo coa de outros sitios. Non ten máis misterio que reservar a auga onde fixemos o cocido (ver "Receita do cocido"), se este non se fixo cocendo todo xunto débese botar da auga na que coceron a carne e os garavanzos (a presencia da auga de cocer garavanzos é fundamental). Ponse a ferver esta auga, e cando o faga engádense fideos (a tradición rural marca a preferencia polo fideo máis ben gordo), rectifícase de sal (engadindo sal ou engadindo auga, segundo precise), e deixase cocer ata que estean feitos os fideos. Parece unha tontería, pero se o cocido foi bon a sopa será espectacular (especialmente se foi de porco de matanza caseira).
|
|
||
|
|
|||
|
Valdoneira 2002-3 |