![]() |
||||||
| A
web do val do río Neira |
(Portada) |
|||||
|
Inicio |
O val do río Neira constitúe
unha realidade xeográfica, pois preside a orografía dos
concellos de Baralla e Láncara (Lugo), e tamén en certo
sentido cultural: o eixo do río é unha vía de comunicación
e contacto entre as aldeas que se aliñan a un e outro lado do
seu curso, con agras e prados que se comparten, con moitos cruces matrimoniais
entre parroquias contiguas, e aínda distantes, etc. Pero o "Val
do Neira" como tal é tamén unha invención,
xa que nin ese termo se usa na zona nin sequera se percibe como unidade,
máis ben ó contrario: hai contrastes e diferencias notables
entre o seu curso alto e o baixo, e ó longo do río aparecen
límites e fronteiras con riscos culturais diacríticos,
entre os que se poden citar as variedades dialectais do galego, con
varias isoglosas de fenómenos lingüísticos (ver Cultura:
"A lingua"), ou as variacións
gastronómicas como o tipo de queixo (do tipo hoxe chamado "cebreiro"
-amasado- en Baralla e do tipo "verza" -sen amasar- en Láncara),
o faceren butelo en Baralla e non en Láncara, (ver "Gastronomía"),
tamén as diferencias constructivas (os tipos de hórreo
por exemplo)
As "fronteiras" poden vir de moi vello, porque o contacto medrou notablemente en tempos recentes, sobre todo desde a construcción da estrada A Pobra-Baralla, na primeira década do Século XX, e seguramente era moito maiores con anterioridade, cando a convivencia e relación social dos do Concello de Neira de Xusá era máis cara a Becerreá (a estrada Coruña-Madrid é o eixo fundamental de comunicación) e a dos de Láncara cara a Sarria, tanto a efectos de comercio (onde se vai mercar, feiras ás que se acode...) como de trámites administrativos (o xulgado por exemplo), ou incluso de ocio (festas e romarías, e hoxe discotecas e pubs, que se frecuentan, etc.). A división comarcal (ver "Mapa Comarcal") reflicte esta realidade, pero aínda así, e desde o noso punto de vista, o río Neira e o seu contorno é unha área definida na que por riba das diferencias hai un mundo de contactos e intercambios, de contrastes e similitudes que se intentan describir nas diferentes seccións desta web, destinadas a cuestións xeográficas (ver "Xeografía e medio"), históricas (ver "Historia"), de arte, patrimonio e turismo (ver "Arte e patrimonio" e "Turismo e rotas"), facendo certo énfase no relativo á cultura, a etnografía e antropoloxía, etc. (ver por exemplo "cultura" ou "gastronomía"). Destínase tamén un espacio para novas e actualidade (ver "Novas: actualidade, documentos, colaboracións") que quere ser participativo e aberto a suxestións e colaboracións de quen queira (ir a "Máis: contacto"). Administrativamente, este territorio de Galicia pertence á provincia de Lugo e comprende principalmente os concellos de Baralla e Láncara, aínda que tamén anacos do de Baleira (no nacemento do río), O Corgo e O Páramo (na desenvocadura), (ver "mapa concellos e localidades" e resto de cartografía).
|
|
|
|
|
|||
|
|
Valdoneira 2002-3 |