![]() |
||||||
| A
web do val do río Neira |
(Portada) |
|||||
|
O CONCELLO DE LÁNCARA Láncara pertence á comarca e ó partido xudicial de Sarria. O termo municipal ten unha zona atravesada polo tramo baixo do curso do río Neira, ó redor do que se estende o rebordo oriental da meseta lucense e o norte da chaira de Sarria, pero ten tamén outra boa parte montañosa que enlaza cos rebordos dos macizos dos Ancares e o Courel. Limita cos municipios do Corgo, Baralla, Becerreá, Triacastela, Samos, Sarria e O Páramo. A altitude media é de 400-600 m. sobre o nivel do mar, algunhas cotas relevantes son o Pico de Outeiro, de 637 metros, o Alto das Valiñas, de algo máis de 1000, e o máis alto, o "Pico da Meda" (na zona Vilouzán e Mosteiro, preto xa de Triacastela) de 1.200 m. de altitude. A CAPITALIDADE E O EMPRAZAMENTO TERRITORIO E POBOACIÓN A poboación distribúese en 143 lugares habitados (aldeas, agás A Pobra), e 26 parroquias: Armea (S. Pedro), Bande (S. Pedro), Carracedo (S. Vicente), Cedrón (Santiago), Galegos (Sta. Mariña), Lagos (Sta. Eulalia), A Lama (Sta. María), Láncara (S. Pedro), Larín (S. Salvador), Mosteiro (S. Miguel), Muro (S. Xoán), Neira (Sta. María), Oleiros (S. Mariño), A Pobra (S. Xiao), Río (S. Martiño), Ronfe (S. Pedro), Souto (Santiago), Toirán (O Salvador), Toldaos (S. Vicente), Touville (Sta. María), Trasliste (S. Xoán), Vilaesteba (Sta. Mariña), Vilalaeo (Sta. María), Vilambrán (Sta. María), Vilarello (S. Pedro), e Vilouzán (S. Estevo). Para distribución ver "Mapa parroquias Láncara" (tomado de Fariña Jamardo, Xosé, 1993, ver "Bibliografía").
|
|
||
|
|
|||
| Valdoneira 2002-3 |