A web do val do río Neira
(Turismo e rotas)

 

"ATRACTIVOS TURÍSTICOS"

Uns dos principais atractivos turísticos desta zona son os relacionados coa natureza e a Paisaxe. Turismo de sendeirismo, de excursións a pé polo monte, os soutos, as beiras do río... Polo tanto turimo nin de masas nin de presas. Se non se é coñecedor pode consultarse a pouca bibliografía que hai e levar un mapa (ver "Máis: Bibliografía" e "Máis: Ligazóns" para obter información)

Outro "recurso turístico" ou "atractivo" da zona é o patrimonio histórico e artístico, "modesto" e "popular", sen dúbida, pero que ten nisto mesmo quizais un dos seus principais atractivos. Un gran número de castros (ver a sección "Historia: prehistoria e historia antiga"), arquitectura popular, pazos, igrexas, pontes (ver para isto a sección "Arte e Patrimonio"), son os elementos máis destacables, unido ó feito de atoparse frecuentemente nun contorno paisaxisticamente moi interesante. Para coñecer algúns dstes elementos descríbense dúas rotas: a "Rota do Románico Rural" e a "Rota dos Enxeños Fluviais".

Relacionado coa natureza (e tamén co patrimonio, sobre todo coa enxeñería popular relacionada co río) está a pesca. Unha xornada de pesca pode servir para ver e coñecer todo o contorno do val e a súa riqueza. O Neira é un afamado río troiteiro que congrega afeccionados de moitos lugares, incluso moi afastados desta comarca. Se as administracións se preocupan un pouco da conservación da riqueza natural do río (con algo máis que con sancións e "persecución" dos pescadores locais, o único no que reralmente se esforzan), e do mantemento das súas beiras (en algúns tramos malamente practicables pola proliferación de silveiras e falta de arranxo de camiños e corredorias) a pesca no Neira seguirá sendo un dos principais atractivos desta zona. Par información sobre coutos, permisos etc. ver enlaces en "Máis: Ligazóns" .

"AS FEIRAS"

As feiras, aínda que perderon grande parte da súa importancia, seguen sendo lugar de reunión das xentes da zona (sobre todo no verán, cando amais dos residentes habituais hai un gran número de "veraneantes", emigrantes que veñen pasar as vacacións), de comercio de productos locais, nas que non falta nunca a presencia do "pulpo" e as "pulpeiras" (ver "Gastronomía: o polbo"), e son desde logo tamén moi atractivas desde o punto de vista turístico.

Calendario de feiras

BARALLA: días 1 e 18 de cada mes.

A POBRA: dias 2 e 17 de cada mes. Nesta localidade consérvase un fermoso campo da feira, con casetos e bancos de pedra, e situado no medio dunha carballeria

SOBRADO DE PICATO (día 7) e LÁNCARA (día 24) xa non fan feira, pero si permanece o hábito de ir tomarar un viño e o polbo, que non falta ese día nos establecementos do lugar, amais de acode unha "pulpeira" co seu caldeiro.

"FESTAS"

As festas e romerías están tamén en crise nos últimos anos (consonte á crise poboacional), pero seguen sendo "importantes" as de Baralla (o San Vitorio, o 27 de agosto), Láncara (o Carmen que se celebra a primeira fin de semana setembro), e outras. A Pobra, Bande, Sobrado de Picato, Neira de Rei... tiveron sonadas romerías, hoxe algúns anos fanas e outros non, e se non son estas son outras, que sempre hai algunha parroquia que organice unha pequena romería. Outras "festas" que hoxe se celebran son o magosto, a "festa da malla", organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara (que tamén organiza un entroido con degustación de cacholas e lacóns, e un magosto no que xunto coas castañas se asan torrezos de touciño, e nos que non falta o viño e a música), etc.

HOSTELERÍA E SERVICIOS

Os establecementos de hostelería e os servios como estacións de servicio, talleres, tendas, etc. concéntranse nas capitales municiapiais, pero tamén en pobos como Neira de Rei, Sobrado de Picato, A Mocha e A Valiña, Láncara, a Ponte de Neira, etc. En todos eles hai casas de comidas ou restaurantes, en moitos tamén hostais, e casas de turismo rural en Láncara, A Fervenza, e Neira de Rei (pechada na actualidade). Para máis información consultar os enlaces en "Máis: Ligazóns" (nas web da RTVG e de TURGALICIA por exemplo hai datos, teléfonos, etc.)

 


Un souto de castiñeiros no inverno


Hórreo en Neira de Rei


Un recanto do río Neira

 


Vista do Neira e Laxes

 

 


Campo da Feira da Pobra

 

 

 

 

 


O palleiro da Festa da Malla de Láncara

 

 

Turismo, rotas...
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 





   

Valdoneira 2002-3